Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

A Asociación de Empresarios de Ourense premia o compromiso social de Renacer

Foi na VIII da edición dos premios AJE Ourense que se celebrou o pasado mércores.

13/12/2019 | Ourense

A VIII Edición dos Premios da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense acaba de recoñecer o traballo da Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, coa entrega do premio 'Compromiso Social 2020'. Este galardón foi recibido pola presidenta da entidade, Dolores Quintas, no acto celebrado o pasado mércores no Teatro Principal da cidade das Burgas.

O xurado destes premios tivo en conta á hora deste recoñecemento o espectacular labor da asociación ourensá coas persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, tanto na cidade como no resto da provincia. Unido a isto, AJE Ourense tamén quixo destacar o esforzo da entidade á hora de poñer en marcha proxectos a pesar de contar con recursos nalgúns momentos moi axustados, e amosou a súa intención de unir esforzos entre ambas entidades para visibilizar o traballo de Renacer e recadar fondos para as súas actividades. 


 

 

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense