Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 18/12/2019 | Coidado de persoa con DCA

A Fundación Barrié apoia un estudo sobre o coidado informal no dano cerebral

O proxecto busca analizar o efecto na saúde e a calidade de vida das persoas que coidan a persoas con DCA

18/12/2019 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral ven de recibir a concesión dunha axuda da Fundación Barrié e a Fundación Roviralta para a posta en marcha do estudo 'O coidado informal no Dano Cerebral Adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. Este proxecto foi seleccionado por dentro da cuarta convocatoria da iniciativa Más Social impulsada por ambas entidades.

O proxecto de investigación proposto por FEGADACE pretende analizar o impacto na saúde e na calidade de vida das persoas que coidan a persoas con DCA, determinar as diferencias deste efecto segundo o sexo da persoa coidadora e definir un perfil das mesmas. O estudo xorde pola escaseza de investigación neste senso tanto a nivel galego como no ámbito estatal.

Será no mes de febreiro, e cunha duración dun ano, cando se poña en marcha este estudo cuantitativo que se realizará a unha mostra de 300 persoas coidadoras, sobre un universo de 1734 persoas con DCA sociais. No proxecto participarán tanto a federación como as cinco asociacións de dano cerebral galegas e estará liderado por un equipo de investigación con dilatada experiencia no campo da investigación social en discapacidade e igualdade, coa aplicación da perspectiva de xénero en todas as súas liñas de traballo.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Investigación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)