Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

FEGADACE inicia o proceso de elaboración do plan estratéxico 2020-2023

A primeira xuntanza do grupo de traballo serviu para analizar a situación actual da federación

18/12/2019 | Santiago

A Federación Galega de Dano Cerebral  comezou o proceso para a elaboración da Planificación Estratéxica da entidade para o periodo 2020-2023. Onte celebrouse no edificio do CABES, en Santiago de Compostela, a primeira xuntanza do grupo de traballo que vai a elaborar este plan, que consistiu nun proceso de reflexión e participación de persoal tanto directivo como técnico da federación e das cinco asociacións federadas.

Dentro da primeira fase de desenvolvemento desta planificación, que desenvolve a consultora Retnova, o grupo de traballo realizou unha diagnose da situación actual da federación e do contexto no que traballa, e analizouse o estado de cumprimento do anterior plan estratéxico da entidade, elaborado para o perido 2016-2018.

Nas vindeiras semanas realizaranse novas xuntanzas dos representantes da federación e das cinco asociacións de dano cerebral galegas, para seguir detallando as liñas de traballo e os obxectivos de FEGADACE para os vindeiros catro anos.
 

Arquivada en:
Transparencia > Documentos corporativos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)