Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 22/01/2020 | Cartel Escola DCA de Adace Lugo

ADACE Lugo organiza unha nova sesión da súa Escola DCA sobre autonomía persoal

A asociación lucense celebrará este obradoiro o vindeiro 27 de xaneiro na Casa María Mariño.

22/01/2020 | Lugo

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo, ADACE, pon en marcha unha nova sesión do seu proxecto formativo 'Escola DCA'. Este obradoiro, impartido pola terapeuta ocupacional Nerea Darriba, estará adicado a aspectos importantes referidos á autonomía persoal das persoas con dano cerebral desde unha perspectiva global. Ademais, as persoas asistentes poderán resolver as dúbidas que poidan xurdir neste tema.

A actividade desenvolverase o vindeiro luns 27 de Xaneiro, ás 18:00h, no primeiro andar da Casa María Mariño, situada na Rúa Monte Faro da capital lucense. Está destinada ás persoas socias, familiares e usuarios e usuarias con dano cerebral adquirido.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con ADACE Lugo nos teléfonos 982 24 35 03 ou 663 08 53 91, e na propia asociación.

 

 

 

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)