Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 04/02/2020 | Fragmento do cartel da charla 'Nutrición aplicada ao DCA'

Renacer organiza unha charla sobre a nutrición aplicada a persoas con DCA

Será o vindeiro 11 de febreiro no Salón de Actos de Aixiña, impartida por unha profesional da nutrición.

04/02/2020 | Ourense

 O dano cerebral adquirido repercute directamente, debido á disfaxia, ou indirectamente, pola situación de dependencia que se crea, na alimentación da persoa con esta discapacidade. É por iso que a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense, Renacer, organiza o vindeiro 11 de febreiro unha charla formativa que abordará o tema da nutrición aplicada ao DCA. Os aspectos nutricionais, especialemente nunha persoa con disfaxia, son fundamentais xa que, por un lado debemos buscar a seguridade para minimizar os riscos de complicacións respiratorias e, por outro, é preciso buscar o nivel óptimo de nutrición e hidratación.  

Esta actividade formativa, impartida pola unha persoa titulada en nutrición, está desenvolvida pola entidade ourensá en colaboración con Delinut, tenda especializada en nutrición da cidade de Ourense. A charla, que estará aberta a todo tipo de público, celebrarase no Salón de Actos da Asociación Aixiña, situado na Rúa Recaredo Paz nº1, ás 16.30h.


 

 

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense