Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Adaceco | 07/02/2020 | Fragmento do tríptico do curso

Actividades formativas e de ocio ocupan a axenda de febreiro de ADACECO

A entidade coruñesa está celebra esta fin de semana o seu curso de control postural.

07/02/2020 | A Coruña

As entidades do movemento asociativo do dano cerebral adquirido comezan o ano coa posta en marcha de novas actividades. Así, ADACECO celebra esta fin de semana o curso  'Control postural como requisito da Función da Extremidade Superior no adulto', acción formativa dirixida a profesionais da Terapia Ocupacional e da Fisioterapia e a estudantes do último ano destas especialidades. Este curso analizará o control postural e a maneira de promovelo desde diferentes abordaxes, co obxectivo de incrementar a independencia, a funcionalidade e a calidade de vida das persoas con DCA. A fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, Cristina de Diego, será a encargada de impartir esta formación, que comezará hoxe ás 15:30 horas e rematará o vindeiro domingo ao mediodía coa entrega dos diplomas.

Por outra banda, a entidade coruñesa está a organizar para o vindeiro sábado, 15 de febreiro, unha nova edición do seu 'Xantar de Entroido', que se celebrará no Restaurante Casa Celia de Cambre e que reunirá a profesionais, persoas usuarias, familias e socios/as da asociación, que gozarán dunha comida típica desta época do ano.

ADACECO, presente en Wapsi

Desde hai uns meses ADACECO está a participar na plataforma Wapsi.org, creada para recadar fondos para entidades sen ánimo de lucro. A través desta páxina os/as usuarios/as poden mercar en diferentes tendas de modo online e unha porcentaxe desa compra destinarase a entidades como ADACECO. Con esa pequena aportación, a asociación poderá mellorar a calidade de vida das persoas con DCA a través das súas terapias e das actividades de ocio.

Podes saber máis da participación da entidade nesta plataforma na seguinte ligazón: https://www.wapsi.org/ong/adaceco

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)