Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 13/02/2020 | Programa de autodeterminación de Alento

As entidades de DCA galegas desenvolverán en 2020 oito programas grazas á X Solidaria

A convocatoria para o apoio destes proxectos está xestionada pola Consellería de Política Social.

13/02/2020

A Federación Galega de Dano Cerebral e as cinco asociacións que a compoñen volverán a contar neste 2020 co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da convocatoria dos programas de interese xeral para fins de carácter social, financiados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF. Os proxectos, que se van a desenvolver durante este ano, permitirán atender ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias, ademais de achegar información naquelas zonas onde o movemento asociativo non ten implantación.  

Serán 8 os programas financiados grazas ás persoas que marcaron a casiña de 'Actividades de Interese Social' na súa declaración da renda, e que desenvolverán tanto a federación como as súas cinco entidades membro: ADACE Lugo, ADACECO, Alento, Renacer e Sarela. As actuacións englóbanse dentro das liñas de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade e de proxectos de investimento á adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade.

A primeira das liñas de actuación englobará seis programas, dous deles destinados á mellora da calidade de vida e da autonomía persoal das persoas con DCA en Galicia, a través da atención terapéutica especializada e de programas de inclusión social das persoas usuarias das entidades. Outros dous programas financiados con esta convocatoria son os programas de respiro familiar, para evitar a sobrecargas das persoas coidadoras de persoas con dano cerebral, e o destinado á mellora da información e do apoio ás familias das persoas con esta discapacidade.

Por outra banda, porase en marcha o proxecto 'Dano Cerebral Adquirido: PROMOVE, ENTENDE, ACTÚA' co obxectivo de desenvolver campañas de información e sensibilización sobre esta discapacidade mediante a celebración de xornadas formativas, charlas, exposicións ou ciclos de cine, para achegar diversos aspectos do DCA tanto ás persoas usuarias e ás súas familias, como á poboación en xeral.

En canto á mobilidade e a accesibilidade das persoas con dano cerebral, as asociacións galegas poderán facilitar o servizo de transporte adaptado, tanto coa adquisición de vehículos propios como coa mellora do servizo prestado. Por último, as entidades de DCA galegas tamén poderán fortalecer a súa estrutura a través da adquisición de equipamentos especializados como materiais técnicos e terapéuticos, para uso residencial e equipos informáticos e de ofimática.

 

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > X Solidaria
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)