Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 06/03/2020 | Fragmento do cartaz do curso

Renacer organiza unha formación centrada na avaliación e tratamento das apraxias

A actividade, dirixida a profesionais do sector sociosanitario, desenvolverase no mes de abril.

06/03/2020 | Ourense

A Asociación DCA Ourense Renacer e a consultora ForgalTalent poñen en marcha o curso 'Avaliación e Tratamento das Apraxias: Aprendizaxe motor e funcionalidade no dano cerebral adquirido'. Esta actividade formativa, de contido teórico-práctico, ten como obxectivos coñecer as características clínicas dos trastornos do movemento adquirido voluntario nas persoas con DCA, avaliar as persoas con dispraxia e intervir e establecer o tratamento axeitado. Ademais, as entidades organizadoras teñen solicitada a acreditación á Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias de Galicia.

O curso, que se desenvolverá nas instalacións de Renacer, está dirixido a profesionais do ámbito sociosanitario, especialmente a fisioterapeutas, psicólogos/as, logopedas e terapeutas ocupacionais. O docente encargado desta formación será Ángel Sánchez Cabeza, Terapeuta Ocupacional do Hospital Universitario Fundación Alcorcón e especialista en dano cerebral adquirido.

A actividade formativa terá unha duración de 20 horas, desenvolvéndose na fin de semana do 17 ao 19 de abril. Comezará o venres en horario de 15 a 20h, para continuar o sábado durante todo o día (de 9 a 14h e de 15 a 19h) e rematar o domingo cun horario íntegro de mañá, de 9 a 15h. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na seguinte ligazón, onde atopará máis información sobre os contidos, os horarios e o prezo do curso.


 


 

 

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense