Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Aigi Boga | 10/03/2020 | Usuario de Renacer xogando aos bolos

Renacer continúa co seu programa de ocio para persoas usuarias e familias

As actividades postas en marcha pola asociación permitirá a inclusión social das persoas con DCA.

10/03/2020 | Ourense

A Asociación DCA Ourense Renacer ven de pechar dúas novas actividades dentro do seu programa de ocio, dirixidas ás persoas usuarias da entidade e ás súas familias. Estas actividades permiten o desenvolvemento de relacións interpersonais significativas e a inclusión das persoas con DCA nas súas comunidades.

A primeira das actividades que vai a desenvolver a asociación ourensá trátase dunha saída á bolera, actividade que se realiza de maneira periódica e que resulta moi demandada polas persoas usuarias de Renacer. Durante esta actividade, que se celebrará o vindeiro día 12, as persoas asistentes gozaran dunha tarde xogando aos bolos e permitirá fomentar as relacións sociais e a súa inclusión na sociedade.

Por outra banda, as familias e as persoas usuarias de Renacer acudirán o día 25 ao Balneario de Arnoia nunha xornada na que recibirán diferentes tratamentos nas augas termais deste complexo, para rematar a xornada cun xantar nas propias instalacións.

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense