Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 11/03/2020 | Inauguración de 'Punto e Seguido' en Pontevedra

Inauguración da exposición 'Punto e Seguido' no edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra

O acto contou coa presenza da Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra en funcións, Ana Ortiz.

11/03/2020 | Pontevedra

A sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolleu esta mañá a inauguración da exposición 'Punto e Seguido', a mostra de fotografías creada no ano 2018 por FEGADACE e que conta cun total de trinta imaxes que amosan o día a día das persoas con dano cerebral adquirido das cinco asociacións que compoñen a federación: ADACE Lugo, ADACECO, Alento, Renacer e Sarela.

O acto contou coa presenza da Delegada Territorial en funcións, Ana Ortiz, que estivo acompañada polo Presidente de FEGADACE, Luciano Fernández Pintor, a directora da federación, Begoña Hermida, e o Director de Alento, Gonzalo Mira. Durante o acto, Luciano Fernández quixo agradecer a oportunidade que brindou a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra para visibilizar o dano cerebral adquirido para conseguir entre todos acadar os recursos necesarios para que as persoas con DCA e as súas familias poidan exercer todos os seus dereitos. Pola súa banda, o director de Alento destacou a oportunidade que pode supoñer esta mostra para que a cidade de Pontevedra dispoña canto antes de recursos específicos de atención a esta discapacidade.

A exposición, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 25 de marzo, pode visitarse de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 18 a 21 horas, e os sábados de 9 a 14 horas.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)