Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 13/03/2020 | Logo FEGADACE

Comunicado de FEGADACE en relación ás medidas adoptadas polo COVID-19

13/03/2020 | Santiago

A Federación Galega de Dano Cerebral, tras as recentes recomendacións sanitarias e medidas adoptadas polas autoridades, que inclúen peche de centros socio-sanitarios e cese de actividades a agrupación de persoas en espazos pechados, entre outras moitas, quere comunicar as medidas que desde o día 16 de marzo aplicaranse en FEGADACE:

 

  •     Suspensión de accións e charlas de sensibilización previstas para o mes de marzo en colaboración con diversos concellos de Galicia.
  •     Limitación dos desprazamentos e reunións presenciais, favorecendo a utilización do sistema de videoconferencia.
  •     Habilitación de teletraballo para todo o equipo da federación, co obxectivo de minimizar os riscos na saúde do equipo e, por extensión, da poboación xeral.  

 

Ao igual que para toda a sociedade galega e española, trátase dunha medida sen precedentes, pero que cremos de máxima necesidade e responsabilidade social, dadas as actuais circunstancias e de xeito a, conxuntamente, axudar a reducir a incidencia, así como a gravidade das persoas xa contaxiadas.

A federación seguirá en contacto a través do correo electrónico, os teléfonos móbiles 659177709 e 654 866 967 e a través das redes sociais.

Se fora necesario, seguiremos incorporando as medidas que se vaian comunicando polas autoridades sanitarias, procurando manter, na maior medida posible, os nosos mecanismos habituais de funcionamento.
 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)