Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Fundación Banco Santander | 31/03/2020 | Imaxe da I Convocatoria Santander Social Tech

A Fundación Banco Santander apoia a dixitalización de FEGADACE

A federación foi unha das entidades sociais beneficiarias da I Convocatoria Santander Social Tech.

31/03/2020 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral ven de recibir a comunicación da súa inclusión dentro do listado de entidades sociais beneficiarias da I Convocatoria Santander Social Tech, posta en marcha pola Fundación Banco Santander, co obxectivo de aumentar a dixitalización das organizacións do Terceiro Sector de Acción Social.

A axuda económica que vai recibir FEGADACE servirá para complementar a nosa dixitalización, coa adquisición de materiais e equipamentos informáticos, que permitirá a mellora do noso impacto na sociedade na loita polos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.

A colaboración da Fundación Banco Santander comezou o pasado ano coa participación da federación no Obradoiro Santander Social Tech, celebrado na Coruña, e que facilitou ás entidades participantes habilidades e competencias dixitais para mellorar a comunicación, captación de fondos e xestión interna.

 

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)