Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 28/05/2020 | FEGADACE súmase ao loito oficial pola COVID-19

FEGADACE súmase ao loito oficial pola pandemia da COVID-19

O Consello de Ministros decretou do 27 de maio ao 6 de xuño a homenaxe ás persoas falecidas.

28/05/2020

A Federación Galega de Dano Cerebral súmase ao loito oficial decretado polo goberno para homenaxear ás vítimas da pandemia da COVID-19.
 
FEGADACE quere lembrar ás persoas falecidas e enviar o seu agarimo ás familias que perderon un ser querido por causa do coronavirus.
 
O Consello de Ministros aprobou esta declaración de loito oficial por dez días -o máis longo da historia democrática-, do 27 de maio ao 6 de xuño.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)