Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© GEAccounting | 09/06/2020 | FEGADACE participa na Xunta Permanente de GEAccounting

Traballamos na contabilidade social desde a Xunta Permanente de GEAccounting

FEGADACE participa nas reunións mensuais desta plataforma como entidade socia.

09/06/2020

A posta en marcha da medición do valor social da contabilidade de FEGADACE continúa coa incorporación da Federación á Xunta Permanente de GEAccounting
 
O ano pasado, a Federación comezou a medir o valor social do seu labor e do das asociacións de dano cerebral empregando a metodoloxía de 'monetización do valor social'. Esta técnica consiste na incorporación de baremos sobre o impacto social e humano na contabilidade convencional da asociación.
 
GEAccounting é a plataforma que vincula o grupo promotor desta metodoloxía, desenvolvida desde instancias universitarias, xunto coas entidades sociais que miden o valor social do seu traballo.
 
A Xunta Permanente de GEAccounting é o órgano directivo da entidade. Reuniuse telematicamente o pasado xoves e contou coa asistencia de FEGADACE na súa calidade de entidade socia. A reunión serviu para avanzar nun plan de acollida para novas entidades socias e para elaborar nun protocolo de recoñecemento do labor das entidades que traballan na contabilidade social.
 

Arquivada en:
Transparencia > Rendición de contas
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)