Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | 26/06/2020 | Reunión da comisión de desescalada de FEDACE en xuño

FEDACE elabora un Plan de Desescalada e dez propostas para a reconstrución

FEGADACE forma parte do grupo de traballo que elaborou os documentos da federación estatal.

26/06/2020

FEGADACE está a participar activamente na comisión de traballo que a Federación Española de Daño Cerebral convocou para organizar a desescalada nas asociacións de todo o Estado. Este grupo conta con persoal técnico de todas as comunidades autónomas e serve para poñer en común procedementos, conectar sinerxías e optimizar os esforzos para preparar a todo o movemento asociativo para retomar a actividade tralos momentos máis graves da alerta sanitaria causada pola COVID-19.
 
Así, a comisión de FEDACE elaborou un Plan de Desescalada para a atención a persoas con Dano Cerebral que se estrutura en función das fases de desescalada definidas polo goberno e establece recomendacións e propostas para axustar os servizos e actividades. O documento nutriuse, entre outros, do Plan de Continxencia de FEGADACE, e pode descargarse aquí.
 
Ademais, a Federación estatal enviou, a través do CERMI, 10 propostas á Comisión para a Reconstrución Social e Económica do Congreso. Estas propostas foron presentadas na comparecencia de Luis Cayo Pérez, presidente do CERMI Estatal, e divídense en propostas sociais (sobre rehabilitación e conciliación, entre outros aspectos) e económicas (para o financiamento da hixienización ou dos sobrecustos de persoal causados polo aumento das ratios, entre outras). A lista completa pode descargarse aquí.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)