Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© PTS | 02/07/2020 | Empresa Solidaria Empresa Extraordinaria

Marca o X no cadro 'Empresa Solidaria' do teu Imposto de Sociedades

'Agora máis que nunca empreXas' anima ás compañías a destinar o 0,7% das súas taxas a fins sociais.

02/07/2020

A Plataforma do Terceiro Sector (PTS), a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), a Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), o Goberno de España e outras empresas como Carrefour, Mapfre, ARPA, Ce Consulting, Forética, Grupo Social ONCE e Gestamp defenderon a necesidade de crear unha gran alianza para avanzar na reconstrución social do país a través do cadro 'Empresa Solidaria' do Imposto de Sociedades.

Así o manifestaron nun webinar que tivo lugar este mércores e que foi moderado pola vocal de Comunicación da PTS, Paquita Saquillo, para dar o pistoletazo de saída á campaña 'Agora máis que nunca empreXas', liderada pola Plataforma do Terceiro Sector. O obxectivo da campaña, que se iniciou o 1 de xullo e que se prolongará ata o día 25, é que as empresas españolas coñezan a posibilidade de destinar o 0,7% do seu Imposto de Sociedades a financiar proxectos sociais a través da marcación do cadro 'Empresa Solidaria', que poden atopar nos modelos 200 (cadro 00073) e 220 (cadro 069) deste tributo.

Durante o encontro, o presidente da PTS, Luciano Poyato, asegurou que a actuación do Terceiro Sector é agora máis necesaria que nunca para reconstruír o Estado do Benestar e subliñou que as ONG necesitan da colaboración empresarial, e tamén da administración pública, para poder facelo coa máxima garantía e solvencia posible.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)