Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/07/2020 | Nos centros é obrigatorio o uso de máscara

A Xunta autoriza a repertura dos centros a partir do 15 de xullo

As asociacións de dano cerebral iniciaron os trámites para contar coa autorización das áreas sanitarias.

03/07/2020 | Galicia

A Xunta de Galicia anunciou onte -publicamente e en reunión mantida coas entidades de discapacidade- que autorizará a reapertura dos centros de día e ocupacionais a partir do 15 de xullo.
 
Os requisitos para a reapertura son tres: a formación específica en COVID-19 do persoal técnico dos centros, a dotación de medidas e equipos de seguridade, e contar cun protocolo específico aprobado pola correspondente área sanitaria.
 
As asociacións de dano cerebral, e de discapacidade en xeral, viñan reclamando a reapertura desde que o 29 de maio a Xunta anunciou que non permitiría que se retomara a actividade ata setembro. Unha semana máis tarde o goberno autonómico cambiaba o seu criterio para autorizar a prestación de terapias individuais nos centros ou a domicilio.
 
FEGADACE e as súas asociacións levan semanas preparadas, aprovisionándose de EPIs e co persoal formado. Tralo anuncio de onte iniciarion os trámites con cadansúa área sanitaria para poder dar resposta canto antes á "emerxencia terapéutica e social" na que se atopan as persoas con dano cerebral e as súas familias.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)