Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/07/2020 | Paz Sánchez, usuaria de Alento, no debate sobre o dano cerebral

Propostas para a reactivación dos centros no debate sobre o dano cerebral

Pregunta formulada aos catro partidos antes do anuncio de autorización de apertura da Xunta de Galicia.

03/07/2020 | Galicia

FEGADACE quere coñecer mellor as propostas electorais que afectan ás persoas e familias con dano cerebral, e, para iso, organizou un debate electoral coas catro principais forzas políticas que concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia.

Así, Paz Sánchez, usuaria de Alento, formulaba a seguinte pregunta a Fabiola García (candidata do PP pola provincia da Coruña e actual conselleira de Política Social), Marina Ortega (candidata do PSOE pola provincia de Ourense e secretaria de Políticas Sociais da súa organización), Ana Pontón (candidata do BNG pola provincia da Coruña e cabeza de lista da súa formación) e Antón Gómez Reino (candidato de Galicia en Común pola provincia da Coruña e á presidencia da Xunta):

No contexto da crise sanitaria causada pola COVID-19, o goberno autonómico decidiu non abrir os centros de día e ocupacionais ata setembro. Sen embargo, as familias representadas por FEGADACE reclaman que se adiante a súa reactivación perante a situación de retroceso que viven as persoas con dano cerebral e a emerxencia terapéutica, social e de conciliación. Como cre que se pode solucionar satisfactoriamente esta situación?

Esta cuestión presentábase antes do anuncio da Xunta de autorizar a reapertura dos centros a partir do 15 de xullo. No vídeo están as respostas das catro forzas.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Necesidades do colectivo
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)