Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/07/2020 | Antonio Calviño, persoa usuaria de Sarela

Ideas dos partidos para a mellora da calidade de vida das persoas con DCA

FEGADACE consulta ás candidatas os contidos dos seus programas en materia de discapacidade e dependencia.

04/07/2020 | Galicia

FEGADACE quere coñecer mellor as propostas electorais que afectan ás persoas e familias con dano cerebral, e, para iso, organizou un debate electoral coas catro principais forzas políticas que concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia.

Fabiola García (candidata do PP pola provincia da Coruña e actual conselleira de Política Social), Marina Ortega (candidata do PSOE pola provincia de Ourense e secretaria de Políticas Sociais da súa organización), Ana Pontón (candidata do BNG pola provincia da Coruña e cabeza de lista da súa formación) e Antón Gómez Reino (candidato de Galicia en Común pola provincia da Coruña e á presidencia da Xunta) responden á seguinte cuestión de Antonio Calviño (usuario de Sarela):

Que propostas do seu programa para a vindeira lexislatura están destinadas a cambiar a mellor a vida das persoas e familias con dano cerebral adquirido e/ou con discapacidade ou en situación de dependencia en xeral?

 

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Necesidades do colectivo
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)