Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/07/2020 | Samuel Gómez, usuario de Renacer

As organizacións políticas confrontan como dimensionar as prazas públicas

PP, PSdeG-PSOE, BNG e Galicia en Común achegan opinións sobre a xestión de centros e residencias.

05/07/2020 | Galicia

FEGADACE quere coñecer mellor as propostas electorais que afectan ás persoas e familias con dano cerebral, e, para iso, organizou un debate electoral coas catro principais forzas políticas que concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia.

A terceira e última cuestión a debatir está formulada por Samuel Gómez, usuario de Renacer. Fabiola García (candidata do PP pola provincia da Coruña e actual conselleira de Política Social), Marina Ortega (candidata do PSOE pola provincia de Ourense e secretaria de Políticas Sociais da súa organización), Ana Pontón (candidata do BNG pola provincia da Coruña e cabeza de lista da súa formación) e Antón Gómez Reino (candidato de Galicia en Común pola provincia da Coruña e á presidencia da Xunta) responden á súa pregunta:

Como vai definir e dimensionar a súa organización a licitación de prazas públicas (diúrnas e residenciais) para a atención ás persoas con dano cerebral? Gustaríanos saber cales son os criterios que considera necesario ter en conta para asignar este importante recurso sociosanitario, tendo en conta que o escenario óptimo sería que todas e cada unha das persoas con dano cerebral de Galicia tivera acceso equitativo a unha praza de atención terapéutica diúrna e/ou residencial en función da súa situación.

 

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Necesidades do colectivo
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)