Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 24/07/2020 | Reunión para a elaboración do Plan Estratéxico 2020-2023 (22/07/2020)

Última reunión do grupo de traballo do novo Plan Estratéxico de FEGADACE

O documento, que rexerá a actividade da Federación ata 2023, estará finalizado no mes de setembro.

24/07/2020 | Galicia

FEGADACE está a piques de finalizar o proceso de renovación da súa planificación estratéxica. Esta semana tivo lugar a última reunión do grupo de traballo que conforman membros da Xunta Directiva, do equipo técnico da Federación e as direccións das cinco asociacións federadas. Está previsto contar co documento definitivo no mes de setembro.

No encontro (organizado virtualmente), moderado pola consultora Retnova, que está a acompañar a FEGADACE durante este proceso, revisouse a última versión do borrador do plan e organizouse temporalmente para o período 2020-2023. Ademais, reformuláronse a misión e a visión da Federación.

Na reunión anterior, que tivo lugar en abril, tíñanse aprobado as liñas e obxectivos estratéxicos, así como os obxectivos operativos. O proceso de renovación iniciárase a finais de 2019 coa revisión do estado da Federación do plan anterior.

Arquivada en:
Transparencia > Documentos corporativos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)