© Pixabay | 06/08/2020 | Persoa na praia
A importancia de manter hábitos saudables no verán para previr o ictus
Os accidentes cerebrovasculares supoñen arredor do 80% dos casos de dano cerebral adquirido.
As altas temperaturas e os cambios nas rutinas das persoas durante o verán poden aumentar o risco de ter un ictus, a primeira causa do dano cerebral adquirido. Nestes meses non podemos descoidar unha serie de hábitos saudables que establecemos o resto do ano e que axudan a mitigar as posibilidades de sufrilo e que destacamos a continuación:
- Levar unha alimentación sana e equilibrada, evitando graxas saturadas e limitando o consumo de alcol.
- Manter unha boa hidratación.
- Evitar o tabaco e o consumo de drogas.
- Realizar un mínimo de 40 minutos de exercicio moderado ao día, preferiblemente durante as primeiras horas da mañá ou o atardecer.
- Evitar as horas de calor máis intensa, entre as 11 e as 17h.
- Manter activo o cerebro a través da lectura ou calquera outro desafío intelectual.
- Descansar e durmir ben.
En resumo, durante as vacacións leva unha vida sana e activa tanto a nivel físico como cognitivo, pero sen esquecerse de disfrutar deses días de descanso.