Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 10/08/2020 | Piscina

Consellos para evitar accidentes e caídas durante as vacacións de verán

Os accidentes no deporte e as caídas son causa común do dano cerebral adquirido.

10/08/2020 | Galicia

No verán, co aumento da actividade fóra da casa e do lecer, resulta máis habitual sufrir algún tipo de accidentes ou caída, especialmente relacionadas coa realización de actividades deportivas e acuáticas. Este tipo de situacións poden provocar traumatismos cranioencefálicos, que resultan a segunda causa do dano cerebral adquirido.
 
Durante estes meses de calor, co aumento de afluencia a praias e piscinas, tamén resulta máis habitual que poidan suceder accidentes á hora de mergullarse na auga ou por practicar deportes acuáticos:
 
  • Adoptar as medidas de seguridade aconselladas para a práctica do deporte en cuestión.
  • Evitar o consumo de alcol e/ou drogas.
  • Evitar lanzarse de cabeza á auga sen comprobar a profundidade.
  • Evitar mergullarse desde alturas moi elevadas ou zonas onde pode haber ramas, rocas ou outros bañistas.
 
Son as persoas máis novas as que ocupan unha porcentaxe maior de casos de dano cerebral derivados de traumatismos relacionados coa práctica de deporte e outros xogos. Para evitar este tipo de accidentes, aconséllase: 
 
  • Practicar o xogo limpo, mantendo un comportamento respectuoso co resto de participantes.
  • Promover a convivencia e a deportividade.
  • Primar os valores do xogo e diversión, por diante da competitividade
  • Evitar comportamentos violentos
 
En relación ás caídas, adoitan afectar en maior proporción ás persoas maiores, co que unha boa prevención favorece a reducir este tipo de situacións:
 
  • Realizar exercicio físico de maneira regular.
  • Empregar calzado que suxeite ben o pé, evitando o uso de chancletas excepto na praia ou piscina.
  • Ter coidado en lugares cos chans húmidos, como as piscinas.
  • Erguerse con coidado despois dun repouso prolongado.
  • Procurar non deixar obxectos tirados polo chan.
  • Agarrar o pasamáns para subir e baixar escaleiras.
 
Podes atopar outros consellos para previr accidentes e caídas no apartado correspondente da nosa páxina web.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)