Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Tools4Brain | 14/08/2020 | Fragmento da portada da guía

O proxecto 'Tools4Brain' facilita consellos para o coidado de persoas con dano cerebral

A partir deste proxecto elaborouse tamén unha guía de recomendacións políticas a nivel europeo.

14/08/2020

No ano 2017, a Federación Española de Daño Cerebral participou no proxecto europeo 'Tools4Brain', posto en marcha grazas ao apoio do programa Erasmus+ e que se desenvolveu nos últimos tres anos. Este proxecto tiña como finalidade o desenvolvemento dunha aplicación móbil e un manual de boas prácticas para o coidado das persoas con dano cerebral.
 
A finais do pasado ano publicouse a guía práctica para persoas coidadoras de persoas con dano cerebral, un manual que conta con recomendacións e consellos a ter en conta á hora de coidar a unha persoa con esta discapacidade. O documento facilita información centrada en aspectos propios do coidado como a mobilidade, a alimentación ou as actividades básicas da vida diaria, pero tamén adica un apartado ao impacto emocional desta discapacidade na familia. A guía está dispoñible para a súa descarga na seguinte ligazón.
 
Ademais, púxose a disposición dos usuarios de Android e iOS a app 'NeuroRHB', unha plataforma que conta cunha gran cantidade de consellos pero que é totalmente personalizable para adaptarse ao perfil e situación de cada usuario.
 
Por outra banda, o pasado mes de xullo presentouse unha guía de recomendacións políticas a nivel europeo para o coidado de persoas con dano cerebral. No relativo a España, estas recomendacións céntranse na necesidade de crear estudos epidemiolóxicos sobre a incidencia e prevalencia do dano cerebral, para planificar recursos e accións de prevención e integración social. Ademais detectouse a importancia de aumentar a información sobre as axudas existentes e unha mellora da coordinación sociosanitaria que facilite ás persoas usuarias e ás súas familias recursos especializados para a continuidade da atención. Podes acceder ao informe a través desta ligazón.
 
 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > Familias e persoas coidadoras
Recursos de Atención > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > > Información, orientación e asesoramento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)