Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 03/09/2020 | Anuncio do peche temporal de Sarela o 03/09/2020

O Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela, pechado ata novo aviso

Xa son tres os centros de día de atención a persoas con dano cerebral clausurados pola COVID-19.

03/09/2020 | Santiago

Sarela fixo público hoxe un comunicado notificando o peche ata novo aviso do seu Servizo de Atención Diúrna Terapéutica por causa das medidas de prevención decretadas onte pola Xunta de Galicia.

Co peche do seu centro de día, Sarela súmase a ADACECO e ADACE Lugo, que tamén manteñen clausurado este servizo á espera de que mellore a situación epidemiolóxica causada pola COVID-19.

Neste momento existen medidas restrictivas especiais nas áreas sanitarias da Coruña, Lugo, Ourense e Santiago, motivadas pola particular multiplicación de casos de coronavirus.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela