© Alento | 27/10/2020 | 8º Premio FEGADACE - Miguel Blanco
A Fundación María José Jove recibe o 8º Premio FEGADACE - Miguel Blanco
Entrega virtual con Pedro Diz, o anterior galardoado, e Luciano Fernández, presidente da Federación.
O contexto epidemiolóxico no que se atopa a cidade de Santiago obrigou á Federación a suspender o acto presencial de entrega do 8º Premio FEGADACE - Miguel Blanco. Estaba previsto para o 23 de outubro, iniciando os actos de conmemoración do Día do Dano Cerebral.
Dada a situación de incerteza desta segunda onda da COVID-19, FEGADACE decidiu facer chegar igualmente a peza de cerámica que constitúe o galardón, elaborada polas persoas usuarias de Alento, á Fundación María José Jove.
No vídeo que podedes ver a continuación está o agradecemento da presidenta da Fundación, Felipa Jove; unha selección do discurso de entrega de Pedro Diz, director da Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Odontoloxía da USC -7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco-; e unha breve intervención sobre os motivos da concesión do presidente da Federación, Luciano Fernández.