Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ARASAAC | 10/11/2020 | Oferta de emprego: traballador/a social [PECHADA]

Oferta de emprego en FEGADACE: traballador/a social

No marco dos Programas de Cooperación para Entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego.

10/11/2020 | Santiago

[OFERTA PECHADA]

FEGADACE busca unha persoa diplomada ou graduada en Traballo Social para formar parte do equipo profesional da Federación durante un ano, exercendo tarefas de sensibilización, información, divulgación e formación no marco da área de proxectos.

Os termos de referencia, co perfil xeral do posto e os detalles a nivel académico, profesional e competencial, así como as condicións salariais e de contratación, poden lerse aquí.

As persoas interesadas poden enviar os seus currículos acompañados dunha carta de motivación a fegadace@fegadace.org ata o día 23 de novembro, indicando no asunto "TRABALLADOR/A SOCIAL_FEGADACE + NOME E APELIDOS".

O proceso de selección está aberto, pero a contratación está condicionada á concesión da Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

Arquivada en:
Transparencia > Equipo técnico
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)