Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Baixo o mesmo paraugas | 23/11/2020 | #BaixoOMesmoParaugas

Día Internacional da Discapacidade: 'Baixo o mesmo paraugas. Este ano... na casa!'

Este 3 de decembro volvemos defender a diversidade como un valor clave na sociedade.

23/11/2020 | Online

Este 3 de decembro vai ser o quinto ano que ata 80 entidades sociais de toda Galicia nos unamos "baixo o mesmo paraugas" para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade.

A COVID-19 obríganos, este ano, a abrilos desde a casa, pero non deixamos de alzar a voz pois a mesma pandemia está a producir un enorme impacto sanitario, social e económico no noso colectivo.

As entidades que promovemos a iniciativa animamos a todo o mundo a sacar a súa propia foto baixo un paraugas de cores e subila a redes coas etiquetas #DiaMundialDiscapacidade e #BaixoOMesmoParaugas.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Outras entidades
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)