Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Noticias 

© FEGADACE | 30/11/2020 | Presentación do Simposio, con Pedro Diz e Begoña Hermida

Dispoñibles os vídeos do Simposio sobre 'Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido'

Falouse de prevención, diagnóstico e tratamento, e houbo unha xornada monográfica sobre disfaxia.

30/11/2020 | Online

O Simposio sobre 'Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido' que FEGADACE e a Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais (UPNE) da Facultade de Odontoloxía da USC organizaron os días 23 e 25 de novembro está dispoñible desde hoxe en Youtube. As persoas que non puideran conectarse á retransmisión ou que desexen consultar algún detalle da mesma poden acceder agora aos contidos completos.

O Simposio dividiuse en dúas partes. A primeira contou coa presentación do director da UPNE, Pedro Diz, e da directora de FEGADACE, Begoña Hermida. A continuación iniciouse a mesa sobre 'Prevención, diagnóstico e tratamento da saúde oral no dano cerebral' e houbo unha pequena sesión de debate. Pechouse coas intervencións do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Julián Álvarez, e do subdirector xeral de Xesión Asistencial do Sergas, Alfonso Alonso.

Vídeo aquí: Prevención, diagnóstico e tratamento da saúde oral no dano cerebral (23/11/2020)

A segunda parte do simposio centrouse en 'Nutrición e disfaxia en dano cerebral'. Estivo presentada polo odontólogo da UPNE Jacobo Limeres, que lembrou o inicio da colaboración da Unidade coas persoas con dano cerebral e presentou a estrea do vídeo 'A Unidade Para Pacientes con Necesidades Especiais' que tamén se enmarca na colaboración da mesma con FEGADACE. Trala mesa houbo un espazo de debate moderada por outro membro da UPNE, Javier Fernández. Na clausura estaba prevista a presenza do director xeral de Discapacidade pero non se puido desenvolver por problemas técnicos; así, pechou o Simposio o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.

Vídeo aquí: Nutrición e disfaxia en dano cerebral (25/11/2020)

Vídeo 'A Unidade Para Pacientes con Necesidades Especiais'

Archivada en:
Qué hacemos > Servicios > Divulgación de conocimiento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)