Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 30/11/2020 | Un intre do Comité Executivo do CERMI Galicia do 30/11/2020

Luciano Fernández Pintor foi elixido onte presidente do CERMI Galicia

O máximo responsable de FEGADACE pasa a encabezar a entidade de referencia da discapacidade.

01/12/2020 | Galicia

O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, foi escollido presidente do CERMI Galicia no Comité Executivo celebrado virtualmente na mañá de onte, e ratificado pola Asemblea Xeral que tivo lugar a continuación.

Fernández será presidente do Comité, que agrupa ao tecido asociativo da discapacidade en Galicia, durante os vindeiros catro anos. Sucede no cargo a Iker Sertucha, directivo da FAXPG.

O obxectivo do seu mandato será "buscar que o CERMI sexa a mellor ferramenta para que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan exercer os seus dereitos de cidadanía en plenitude de condicións".

Le a noticia na páxina web do CERMI Estatal.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)