Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 26/01/2021 | Adiada a exposición prevista para febreiro

Adiada a exposición de fotografías 'Punto e seguido' en Monforte de Lemos

Se a situación sanitaria o permite, a colección poderá verse en setembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

26/01/2021 | Monforte de Lemos

As novas restricións anunciadas o 25 de xaneiro pola Xunta de Galicia para tratar de frear a expansión da COVID-19, que inclúen o peche de museos, centros socioculturais, e demais dispositivos de cultura e lecer, obrigou a FEGADACE e ao concello de Monforte de Lemos a cancelar a exposición prevista para o mes de febreiro.

A mostra 'Punto e seguido' poderá verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, se a situación sanitaria o permite, no mes de setembro de 2021. A Federación anunciará a actividade máis adiante, cando sexa posible confirmala.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)