Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 05/03/2021 | Persoas usuarias e profesionais concentráronse diante do centro de Sarela (05/03/2021)

Sarela fará desde o luns unha protesta diaria pola vacinación contra o coronavirus

Reclama á Xunta un calendario realista de inmunización das persoas con dano cerebral e dependentes.

05/03/2021 | Santiago

  • Ante os atrasos continuados e falta de concreción sobre a súa inmunización cando paralelamente se anuncia a vacinación de novos grupos de poboación. O equipo de Sarela tamén segue sen vacinar.
  • Lembra que durante a pandemia a vulnerabilidade destas persoas foi a razón esgrimida para privalos duns servizos fundamentais, condición que agora se obvia á hora de establecer prioridades na vacinación.
 
Sarela iniciará o luns da vindeira semana unha protesta diaria ata acadar da Xunta de Galicia un compromiso de vacinación das persoas con dano cerebral adquirido que sexan dependentes. A entidade toma esta decisión ante os atrasos continuados e falta de concreción sobre a súa inmunización cando paralelamente a administración competente fai anuncios relativos á vacinación de novos grupos de poboación.

A maiores, o equipo de profesionais de Sarela segue sen estar vacinado a pesar de enviar hai tres semanas ou listado reclamado desde a Xunta de Galicia para este proceso. Dentro do equipo de profesionais consideramos que hai perfís que deberían ser prioritarios, como as / os auxiliares, por estar en atención directa coas persoas dependentes en funcións tan sensibles como é a alimentación, hixiene, mobilizacións etc.

Sarela cre que esta situación das persoas dependentes contrasta coas medidas tomadas ao inicio da pandemia e que, por exemplo, implicou que os centros de día e asistencia foran os primeiros en pechar en marzo de 2020 e dos últimos en abrir durante a desescalada. A súa vulnerabilidade foi daquela a razón esgrimida para privalos duns servizos fundamentais, condición que agora se obvia á hora de establecer prioridades na vacinación. Neste sentido temos que lembrar que as persoas con determinados problemas que afectan á súa compresión e comportamento, como é o caso dalgunhas con dano cerebral, foron excluídas da obrigatoriedade do uso de máscara polo que o perigo de contaxio e transmisión nos seus grupos de convivencia é maior.

Para Sarela esta situación incumpre a planificación trasladada no mes de decembro de 2020 nunha xuntanza do Consello Asesor de Pacientes e non que o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladou que na primeira fase de vacinación entre os grupos preferentes estarían como persoas usuarias e traballadoras de residencias, centros sociosanitarios, e persoas con dependencia con Grado III, entre outros. Na seguinte fase figuraban como preferentes tamén como persoas con patoloxías crónicas graves como diabetes, enfermidades cardiovasculares etc.

Ao entender de Sarela, a Consellería de Sanidade debe concretar canto antes un calendario realista de vacinación das persoas con dano cerebral e dependentes, grupo de poboación que xa está a ser vacinada noutras comunidades autónomas.

Por todo isto, persoas usuarias e profesionais de Sarela comezaron este luns nunha protesta diaria no seu centro e tamén trasladará a iniciativa a outras entidades de dano cerebral e de discapacidade en Galicia.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela