Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 08/04/2021 | Presentación de resultados do estudo

Mañá presentamos os resultados do estudo sobre coidado informal e dano cerebral

A inscrición continúa aberta, pero tamén está dispoñible a ligazón para o acceso libre ao acto online.

08/04/2021 | Online

FEGADACE presenta mañá os resultados do estudo 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. Será nun acto organizado e retransmitido online, que comeza ás 10:30 da mañá.

A inscrición continúa aberta, pero xa está tamén dispoñible a ligazón para o acceso ao almorzo. Pódese seguir na canle de FEGADACE en Youtube, premendo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=dRDBKoNTiyA

Durante todo o desenvolvemento do acto poderán formularse preguntas a través do chat habilitado a carón da pantalla de emisión.

O programa, contidos, e información sobre as relatoras están dispoñibles aquí: Almorzo informativo de presentación dos resultados do estudo sobre coidado informal.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Investigación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)