Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Luciano Fernández e Begoña Hermida (arriba) en reunión con Aitor de Luis

O nadador Aitor de Luis vai colaborar na concienciación sobre o dano cerebral

Apoiará a FEGADACE difundindo a súa causa nas travesías, retos e outras actividades de augas abertas.

01/06/2021 | Galicia

FEGADACE e o nadador de augas abertas Aitor de Luis, un dos organizadores da proba 'Batalla de Rande', reuníronse esta semana para estudar vías de colaboración coas persoas con dano cerebral adquirido.

Aitor de Luis manifestou o seu interese en apoiar o movemento asociativo do dano cerebral levando a súa causa aos retos e travesías a nado nas que participa. Ademais, vaise estudar organizar unha travesía en Galicia para difundir especificamente a causa do dano cerebral.

Tamén se analizou a posibilidade de que apoie ás persoas con dano cerebral como docente en actividades acuáticas.

A Federación seguirá as actividades do nadador para a súa promoción na liña de sensibilización sobre hábitos de vida saudables e práctica de exercicio físico para a prevención do dano cerebral adquirido.

Na xuntanza estiveron o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, a directora, Begoña Hermida, e o propio Aitor de Luis.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)