Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© EAPN Galicia | 21/09/2021 | Campaña pola vivenda da EAPN España

Emerxencia vivenda: polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible

FEGADACE súmase ao manifesto e á campaña da EAPN España contra a exclusión residencial.

21/09/2021

A vivenda está nunha situación de emerxencia, tamén para as persoas con dano cerebral adquirido. O incremento do seu prezo afecta máis ás persoas que están nunha situación de vulnerabilidade como a que causa ter unha discapacidade. Ademais, moitas persoas que teñen a mobilidade reducida e/ou unha dependencia permanecen illadas nos seus fogares, ou teñen dificultades para atopar unha vivenda adaptada ou accesible.

Por iso FEGADACE dedidiu sumarse á campaña 'Emerxencia Vivenda' que promove a EAPN Galicia. Luciano Fernández, presidente da Federación, explica no seguinte vídeo os motivos detallados desta adhesión:
 
Consulta aquí a páxina web e manifesto da campaña.
Inscríbete aquí na xornada 'Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible', que organiza a EAPN Galicia o 30 de setembro.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Necesidades do colectivo
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)