Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 29/09/2021 | Portada da web de FEGADACE en Lectura Fácil

A páxina web de FEGADACE, fegadace.org, xa é accesible en Lectura Fácil

Para accecer aos contidos adaptados só hai que seleccionar a pestana do menú superior dereito.

29/09/2021 | Online

A páxina web de FEGADACE, www.fegadace.org, xa é accesible en Lectura Fácil. Esta adaptación é o resultado dun longo traballo que foi presentado esta mañá durante a xornada online Comunícate comigo!.

A adaptación realizouse no marco do programa do mesmo nome, que financiou a Fundación La Caixa, e a xornada contou co apoio da Consellería de Política Social.

Os contidos en Lectura Fácil están dispoñibles como unha lingua máis, que se pode seleccionar na pestana do menú superior dereito da páxina web.

Os novos textos foron adaptados pola Associació Lectura Fácil e validados por cinco grupos de persoas con dano cerebral das cinco asociacións de FEGADACE.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)