Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 04/10/2021 | Un momento da presentación de Elisabet Serra (Asociació Lectura Fácil)

Se non puideches asistir á Xornada sobre Lectura Fácil, aquí está o vídeo!

Explicouse o proceso de adaptación da web de FEGADACE e puido oírse a especialistas na materia.

04/10/2021 | Online

FEGADACE presentou, o pasado 29 de setembro, a adaptación da súa páxina web en Lectura Fácil. Fíxoo no marco dunha Xornada na que se explicou o proxecto Comunícate Comigo' (financiado pola Fundación La Caixa), no marco do que se realizou a adaptación, e na que tamén se explicou todo o procedemento de traballo, ademais de coñecer e reflexionar sobre a Lectura Fácil e a súa traxectoria.

A Xornada tivo o seguinte programa:
 
10:30. Apertura
Luciano Fernández Pintor, presidente de FEGADACE
10:40. Presentación do proxecto e da páxina web
Carla Miranda Iglesias, traballadora social de FEGADACE
Irene Cancelas Sánchez, responsable de comunicación de FEGADACE
11:00. A experiencia dos grupos de validación
Amparo Rodicio Quiroga, neuropsicóloga de Alento
Ignacio Martín Román, usuario de Alento
11:20. Que é a Lectura Fácil? Definición e experiencias
Elisabet Serra Casanovas, codirectora da Associació Lectura Fàcil (que liderou o proceso de adaptación da web de FEGADACE)
Mª Dolores Portela León, responsable do Programa de Accesibilidade Cognitiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)