Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Xornada sobre o Dano Cerebral 2021

A Xornada sobre o Dano Cerebral analiza a reforma da capacidade xurídica e de obrar

Estudarase o seu impacto nas persoas e familias con dano cerebral; será o 13 de novembro en Santiago.

10/11/2021 | Santiago

A Xornada sobre o Dano Cerebral 2021 de FEGADACE vai estar dedicada a un tema de enorme relevancia e actualidade para o todo o colectivo da discapacidade: a reforma lexislativa que modifica a cuestión da capacidade xurídica e da capacidade de obrar.

Baixo o epígrafe 'O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade', a Federación reúne en Santiago de Compostela a especialistas que abordarán a modificación legal desde as perspectivas da notaría, da fiscalía, do dereito civil ou dos dereitos das persoas con discapacidade. Poderase oír tamén o caso en primeira persoa dunha familia da asociación Sarela.

A Xornada volve á presencialidade e vai ter lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC (Campus Sur - Santiago de Compostela) o sábado 13 de novembro. Comeza ás 9:30 da mañá e rematará arredor das 17:00 hh. Dada a limitación de aforo que aínda rexe por causa da normativa COVID-19, a Xornada tamén se vai retransmitir integramente en streaming.
 
 
  • Consulta a continuación o programa completo (podes descargar o anexo en galego e en castelán):

 
Presenta e modera
Miguel Vieito Villar. Avogado especializado en Dereito e Discriminación, Dereito Médico, Dereito de Familia

9:30 Apertura e presentación
Fernando González Abeijón. Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social (Xunta de Galicia)
Luciano Fernández Pintor. Presidente de FEGADACE

9:45 “Concepción, sentido e alcance xeral da reforma”
Mª Paz García Rubio. Catedrática de Dereito Civil da USC. Membro da Sección Primeira da Comisión de Codificación encargada da elaboración do borrador do proxecto de Lei.

10:30 “Modificacións fundamentais da Capacidade Xurídica e de Obrar das Persoas con Discapacidade na nova Lei”
María Eugenia Torres Costa, Doutora en Dereito Civil pola USC, Xestora de Entidades Sociais. Membro do equipo de investigación De Conflictu Legum da USC.

11:15 “A aplicación da reforma sen risco de indefensións xurídicas para a persoa con discapacidade”
Torcuato Recover Balboa, Avogado Especializado en dereitos das persoas con discapacidade intelectual e de desenvolvemento; Coordinador da Rede de Xuristas Plena Inclusión España; Asesor Xurídico de Asociación Española de Fundacións Tutelares

12:00 Pausa

12:30 “Apoios Voluntarios e Informais. Aplicación práctica da reforma no ámbito notarial”
Inmaculada Espiñeira Soto. Notaria en Santiago de Compostela

13:15 Entrega do 9º Premio FEGADACE-Miguel Blanco a SOGARMEF

13:45 Pausa

15:30 “Un enfoque práctico sobre a actuación da fiscalía na aplicación da reforma”
Santiago de Miguel Cruces, Fiscal Delegado de Galicia de Civil e Protección a Persoas con Discapacidade

16:15 “A visión das familias e persoas con dano cerebral sobre a reforma. Beneficios, dúbidas, dificultades”
Ismael González Lea, persoa con dano cerebral adquirido, socia da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Carmen Durán Lea, familiar de Ismael González
Eugenia Veloso Osuna, traballadora social de Sarela

17:00 Clausura da xornada

 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)