Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 15/11/2021 | Día da Diabetes e Día sen Alcol

Día da Diabetes e Día sen Alcol: dúas xornadas para a prevención do dano cerebral

O control dos factores de risco asociado a uns hábitos saudables axuda a evitar novos casos de ictus.

15/11/2021 | Galicia

'O experto responde' é o espazo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns no que a cidadanía pode acceder a información rigorosa proporcionada por especialistas en diferentes doenzas e discapacidades. FEGADACE e a Escola levan todo o ano colaborando para informar, desde diferentes puntos de vista, sobre o dano cerebral adquirido e os seus factores de risco.

Esta colaboración culmina co vídeo que publicamos con motivo de dúas efemérides moi relacionadas coa prevención da principal causa do dano cerebral, o ictus: o Día Mundial da Diabetes (14 de novembro) e o Día Mundial sen Alcol (15 de novembro). Tanto a doenza como o consumo de tóxicos están relacionados coa incidencia do ictus, que non se pode evitar, pero si se pode previr atendendo a estes e outros factores de risco.
 
Uns hábitos de vida saudables, baseados nunha alimentación equilibrada e a práctica de exercicio moderado, contribúen á prevención do ictus. Outras recomendacións de importancia son evitar o estrés, coidar o descanso e o sono, non consumir tóxicos como alcol, tabaco ou outras drogas, e seguir os controis médicos necesarios, especialmente no caso de persoas con diabetes.

O experto responde

Con este vídeo finaliza a colaboración realizada en 2021 por FEGADACE e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Ao longo do ano informouse sobre a situación das persoas con dano cerebral e da prevención desta discapacidade nos seguintes vídeos:
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)