Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Fundación CERMI Mujeres | | Manifesto 25 de novembro 2021

Reclamamos a erradicación da violencia contra as mulleres con discapacidade!

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

25/11/2021

No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sumámonos á iniciativa da Fundación CERMI Mujeres para reclamar a fin da violencia contra as mulleres con discapacidade.

A Fundación quere chamar a atención, no seu manifesto, sobre os obstáculos e indefensión nos que o sistema xudicial deixa ás mulleres con discapacidade que sofren ou están en risco de sufrir violencia machista. O texto define o sistema xudicial como "tremendamente patriarcal e capacitista", dadas as barreiras pero tamén os prexuízos que atopan as mulleres con discapacidade.

O manifesto do 25 de novembro finaliza esixindo que se poña en marcha unha macroenquisa sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade; que se garanta a plena inclusión nos servizos de atención a mulleres vítimas de violencia; que se promova o acceso á xustiza con todos os apoios necesarios; que se mellore a colaboración entre institucións; que se forme a todos os actores xudiciais; que se creen os xulgados especializados en violencia machista que sexan necesarios; que os turnos de oficio teñan en conta as violencias ás que se enfrentan as mulleres con discapacidade; e que se avance na implantación da figura da asistencia persoal no ámbito das mulleres con discapacidade.

A Fundación CERMI Mujeres pecha o seu manifesto berrando "Nin unha menos! As mulleres e nenas con discapacidade empoderadas, visibles e diversas reivindicamos o noso dereito a unha vida libre de violencias!".
 

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)