Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Baixo o mesmo paraugas | 29/11/2021 | Baixo o mesmo paraugas 2021

Estamos 'Baixo o mesmo paraugas': Galicia pola diversidade

FEGADACE únese á iniciativa polo 3 de decembro, Día Mundial das Persoas con Discapacidade.

29/11/2021 | Galicia

O tecido asociativo local da discapacidade volve lanzar este 2021 a iniciativa 'Baixo o mesmo paraugas: Galicia pola diversidade', con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Aínda que a situación causada pola pandemia impide, un ano máis, a realización de actos na rúa, as entidades que promovemos a campaña chamamos á realización dunha gran acción en redes sociais. Para iso, pedímosche:
 
  1. Fai unha foto cun paraugas
  2. Súbea ás rúas redes coas etiquetas #ParaugasPolaDiscapacidade #BaixoOMesmoParaugas
  3. Etiqueta aos teus contactos e rétaos a facer o mesmo
  4. Etiqueta a @galiciadiversa para que poidamos estender a cadea
 
FEGADACE participa en 'Baixo o mesmo paraugas' na comarca de Compostela xunto con Sarela e con Acem (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple), Down Compostela, Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Amipa (Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectural da comarca do Sar). A iniciativa naceu do tecido asociativo da Coruña, e agora mesmo tamén se desenvolve en Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)