Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/12/2021 | Formación online para Xuntas Directivas

Organizamos unha formación sobre captación de fondos para xuntas directivas

Membros da Federación e das asociacións estudaron como mellorar o seu rol nos procesos de financiamento.

03/12/2021 | Online

As xuntas directivas de FEGADACE e das súas cinco asociacións tiveron a oportunidade de asistir, grazas ao programa de formación da Federación, a un curso sobre o seu rol nos procesos de financiamento e na captación de fondos para as entidades que representan. O obxectivo da formación foi mellorar a captación de recursos, nomeadamente de grandes doantes.

Esta actividade formativa foi impartida online por José Javier Romero González, da entidade Enclave Social, unha consultora especializada no Terceiro Sector e en entidades de economía social.

O curso dividiuse en dúas sesións de catro horas cada unha, nas que se revisaron aspectos como a comunicación e a imaxe, a estratexia xeral da captación, as técnicas concretas para a abordaxe das doazóns de empresas, ou que ofrecer aos potenciais doantes.

Esta inciativa enmárcase nas desenvolvidas dentro do Convenio de FEGADACE coa Consellería de Política Social, con financiamento a cargo deste departamento da administración autonómica.

Arquivada en:
Transparencia > Órganos de goberno
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)