Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 14/12/2021 | Carla Miranda diríxese ao alumnado da UdC

Falamos sobre dano cerebral e mulleres coidadoras na Universidade da Coruña

No marco do programa do máster 'Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria'.

14/12/2021 | A Coruña

As traballadoras sociais de FEGADACE, Carla Miranda, e de Sarela, Olalla Domínguez, impartiron onte unha sesión sobre o dano cerebral adquirido para o alumnado do máster sobre 'Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria', que complementa os estudos de Socioloxía.

En concreto, o mestrado conta cunha materia sobre 'Xénero, traballo e coidados' cun apartado especializado en 'Xénero e políticas de igualdade'. As dúas traballadoras sociais turnáronse para presentar, para comezar, os factores de risco, causas, consecuencias e necesidades de atención do colectivo de persoas con dano cerebral. A continuación, presentaron os resultados do estudo sobre 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. Por último, presentaron e comentaron intervencións realizadas polas asociacións dirixidas a mulleres coidadoras.

A participación como docentes neste mestrado é un dos froitos da colaboración establecida entre FEGADACE e a Facultade de Socioloxía da UdC. Ademais, o acordo inclúe a posibilidade de que o alumnado realice prácticas e/ou traballos de investigación na Federación e nas asociacións membro de FEGADACE.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Outras entidades
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)