Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Eroski Consumer | 01/02/2022 | Artigo de FEGADACE en Consumer

Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco

Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento, asina un novo artigo de FEGADACE na revista Eroski Consumer.

01/02/2022

Que é o dano cerebral adquirido? Cales son as súas principais causas? Existen factores de risco que se poidan vixiar para previlo?

As respostas a estas preguntas atópanse no cuarto artigo que FEGADACE publica na revista Eroski Consumer, froito do acordo de colaboración asinado entre ambas entidades para sensibilizar sobre o dano cerebral adquirido.

A traballadora social de Alento, Sara Buxó Pérez, é a autora dun texto no que explica que é o dano cerebral, describe as principais secuelas, identifica as causas, dividíndoas en traumáticas e non traumáticas, e finaliza detallando os factores de risco. Podes lelo  a continuación:
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
 
Eis tamén o arquivo de colaboracións anteriores:
 
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).

O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).

Como facer o Camiño de Santiago e previr o dano cerebral adquirido. FEGADACE (xullo 2021).

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)