Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 21/02/2022 | Reunión de ADACECO co delegado da Xunta na Coruña

Representantes de ADACECO reuníronse co delegado da Xunta na Coruña

Á xuntanza asistiron o presidente da entidade, Juan Luis Delgado, e a súa directora, Natalia de Llano.

21/02/2022 | A Coruña

O presidente de ADACECO, Juan Luis Delgado, e a directora da entidade, Natalia de Llano, mantiveron unha reunión co delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña Gonzalo Trenor.

Esta xuntanza tivo lugar o pasado 1 de febreiro nas instalacións do goberno galego na Coruña, e tivo como obxectivo dialogar sobre o presente e o futuro da asociación.

ADACECO conta neste momento con dous centros, un deles nas Xubias (A Coruña) e o outro en Culleredo. O seu ámbito de traballo e a área sanitaria da súa cidade e a de Ferrol.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)