Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 22/02/2022 | Dolores Naval (Renacer), Fabiola García (conselleira), Luciano Fernández (FEGADACE) e Miguel Ángel Santalices (presidente do Parlamento), de esquerda a dereita

A conselleira de Política Social e o presidente do Parlamento visitan Renacer

Xuntanza con representantes da asociación de dano cerebral de Ourense e de FEGADACE.

22/02/2022 | Ourense

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, visitaron onte as instalacións de Renacer e reuníronse con representantes da Asociación de Dano Cerebral de Ourense e de FEGADACE.

A xuntanza tivo como obxectivo reforzar a relación do movemento asociativo coa consellería de Política social, e tamén presentar á Administración as instalacións da que vai ser a nova sede de Renacer. Membros da Xunta Directiva, pero tamén representantes do equipo técnico, explicaron a García e Santalices como se van distribuír os diferentes servizos de atención e rehabilitación no novo local.

Rencer rematou recentemente de reformar estas novas instalacións, ás que prevé trasladar todos os seus servizos de atención ás persoas con dano cerebral de Ourense. Na nova sede, que comezará a súa actividade nos vindeiros meses, terán tamén a oportunidade de aumentar e mellorar os seus servizos.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense