Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 02/03/2022 | Usuarios de Renacer probando diferentes ferramentas TIC

As persoas usuarias de Renacer estudan a Rosalía de Castro grazas ás TIC

Aproveitando o aniversario da escritora, realizaron unha actividade cultural e de redución da fenda dixital.

02/03/2022 | Ourense

O proxecto Stop Fenda Dixital trata de alfabetizar ás persoas con dano cerebral e ás súas familias no uso das novas tecnoloxías co obxectivo último da inclusión social.

Este mes, as persoas usuarias de Renacer practicaron o uso de diferentes ferramentas dixitais cunha finalidade cultural: informarse sobre Rosalía de Castro e ler algúns dos seus textos poéticos.

Coincidindo co 23 de febreiro, día do aniversario da escritora, Renacer organizou un obradoiro no que as súas persoas usuarias probaron diferentes ferramentas de gamificación como Kahoot, realizando preguntas e respostas sobre a vida e obra de Rosalía.

Ademais, buscaron na rede as súas principais obras e imprimiron varios poemas para poder coñecer mellor a súa creación a través da lectura da mesma.
 
Stop Fenda Dixital é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social cos fondos recadados a través do IRPF das persoas que marcan o cadro de fins sociais, é dicir, que deciden destinar a proxectos solidarios o 0,7% dos ingresos recollidos na súa declaración da renda.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense