Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | | Grupo de familias de ADACE Lugo

O grupo de familias de ADACE Lugo retoma a presencialidade tralo coronavirus

Obradoiros para coidadores e coidadoras de persoas usuarias da asociación de dano cerebral luguesa.

03/03/2022

A asociación ADACE Lugo retomou en febreiro as reunións presenciais do seu grupo de familias, paralizadas coa irrupción da pandemia do coronavirus e trasladadas á contorna online.

Estes obradoiros teñen como obxectivo responder ás necesidades das familias en tanto que persoas coidadoras. A sesión celebrada o 7 de febreiro tratou sobre os sentimentos que xeran nas familias as persoas con dano cerebral adquirido, e como facer unha boa xestión dos mesmos para garantir a calidade dos coidados, tanto con respecto á persoa con discapacidade, como con respecto a quen os proporciona. Impartiron o obradoiro a neuropsicóloga de ADACE Lugo, Elisa López, e o traballador social Pablo Freire.

A seguinte sesión vai ter lugar en abril, e prevese que sexan sempre bimensuais. Cómpre inscribirse para asistir, chamando ao 663 085 391 ou ao 982 243 503, ou escribindo a correo@adacelugo.org. Hai máis información en www.adacelugo.org.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)