Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 18/03/2022 | Minerva García, de Arousaman (esquerda) e Concha Otero, de Sarela

Arousaman doa a Sarela 1.200 euros recadados nesta travesía a nado

Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta da asociación.

18/03/2022 | Santiago

Sarela quere agradecer, ademais de á Asociación Deportiva Cultural Arousaman, a todas as persoas e entidades que participaron e colaboraron na organización desta edición e que permitiu acadar a recadación de 1.200 euros.

Esta doazón será destinada para os traballos de sensibilización e atención do dano cerebral que realiza Sarela e tamén para desenvolver o proxecto 'Nado polo dano cerebral', que une a FEGADACE, á asociación Arousaman e ao nadador Aitor de Luis (do colectivo Batalla de Rande) para a promoción do deporte acuático na abordaxe do dano cerebral, e para a organización dunha travesía a nado solidaria.

A travesía a nado Arousaman naceu en 2015 e é unha proba non competitiva que se celebra cada dous anos. O seu impulsor é o ribeirense Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con Dano Cerebral Adquirido como secuela dun neurinoma do acústico, un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas ao año.

Con este reto Manuel Martínez quixo simbolizar as dificultades e medos polas que pasa unha persoa e unha familia con Dano Cerebral. Os nadadores e nadadoras que percorren as 7,04 millas náuticas (13.038 metros) entre O Grove e Ribeira poden pensar en abandonar debido á dureza do reto pero o obxectivo é afrontar esas dificultades. Juan Ramón Martínez, irmán de Manuel e un dos organizadores, resúmeo cunha frase: “nós catro horas, eles toda a vida”.
 
Información remitida por Sarela.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela