Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 25/03/2022 | Factores de risco do ictus

Como previr o dano cerebral: atención e control dos seus factores de risco

Unha nova colaboración de FEGADACE con Consumer explica como axudar a evitar ictus e traumatismos.

25/03/2022

A colaboración bimestral de FEGADACE e a revista Eroski Consumer volve dar os seus froitos cun artigo sobre 'Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco'.

Asinado por José Antonio Fernández Delgado, educador social da Asociación de Dano Cerebral Renacer, de Ourense, o texto identifica as principais causas do dano cerebral para pasar a expoñer os seus factores de risco e achegar recomendacións sobre como atenualos.

Pódese ler a continuación:
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
 
E aquí o arquivo completo de colaboracións:
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
Como facer o Camiño de Santiago e previr o dano cerebral adquirido. FEGADACE (xullo 2021).
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)